XORNADA: Contratación pública responsable. contratos reservados a CEE e EIL

• 29 DE XULLO DE 2021
• FORMATO PRESENCIAL
• Salón de actos nº 2 da Conselleria de Presidencia, Xustiza e Turismo (Complexo administrativo de San Caetano s/n – Santiago de Compostela)
• 10:00 A 12:00 hs.

Persoas destinatarias:
• Empresas e entidades da Economía Social
• Técnicos e técnicas de contratación das Administracións Públicas
• Representantes políticos e cargos públicos de dirección
Obxectivo:
• Analizar o Escenario normativo de cláusulas sociais e contratación trala aprobación da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
• Facilitar ás entidades da economía social o seu acceso á adxudicación de contratos públicos.
• Ofrecer ao persoal técnico implicado na contratación pública as ferramentas e mellores prácticas para elaborar os pregos de contratación con cláusulas sociais e reservas de contratos.

Contido:
• Contratos reservados a empresas de inserción
• Breve introdución aos procedementos de contratación mais frecuentemente utilizados (Contrato menor, Procedemento aberto simplificado ordinario e Procedemento aberto simplificado abreviado)
• Como darse de alta no Rexistro Xeral de contratistas da Xunta de Galicia
• Como buscar licitacións as que presentarse: A plataforma de Contratos públicos de Galicia (CPG)
• Como presentar unha oferta: o Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).
• Como presentar unha factura: O Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF).

Interveñen:
• Elena Barba Pan. Secretaria da Xunta Consultiva de contratación administrativa da C.A. de Galicia
• Manuel Rodríguez Salgado. Analista-programador do Departamento de sistemas de contratación da AMTEGA
• Manuel Otero Vieites. Analista-programador do Departamento de sistemas de contratación da AMTEGA