Xornada ‘Economía Circular Inclusiva. Promoción da Economía Social no ámbito da Economía Circular’

Abr 29, 2024 | Novas, Xornadas

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) xunto coa Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (CEGASAL) convocan a xornada Economía Circular Inclusiva. Promoción da Economía Social no ámbito da Economía Circular.

Xoves, 16 de maio de 2024

De 09:15 h. a 13:30 h.

Auditorio 2. Edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Tanto as Empresas de Inserción e os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social destacan pola súa capacidade de fomentar a inclusión laboral de grupos vulnerables, como persoas con discapacidade ou en risco de exclusión. A colaboración entre a economía circular e a economía social non só fomenta prácticas ambientais sostibles senón tamén propicia un crecemento económico inclusivo que pode resultar en maior número de empregos e oportunidades para estes colectivos, potenciando ademais a innovación e o emprendemento para o desenvolvemento de negocios e procesos máis eficientes e sustentables. A partir desta base, consideramos necesario realizar unha xornada sobre a aposta da economía social pola economía circular que ten como obxectivos:

  1. Promocionar o coñecemento sobre a economía circular.
  2. Integrar a economía social como modelo empresarial clave.
  3. Explorar como os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e as Empresas de Inserción empregan a economía circular para fomentar a inclusión laboral de colectivos vulnerables, promovendo emprego e prácticas sostibles.
  4. Explorar sinerxías entre economía circular e social.
  5. Estimular a creación de novas iniciativas e modelos de negocio que se aproveiten das vantaxes da economía circular e social para desenvolver solucións máis eficientes e sostibles.

Programa

O evento contará con relatorios de expertos na materia, mesas redondas e presentacións sobre as mellores prácticas no sector.

Participantes

Esta xornada está destinada a empresas e persoas que traballan na economía social e/ou na economía circular, público interesado.

                                                             INSCRÍBETE AQUÍ

Organización e colaboradores

Este evento é parte do programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social. Conta coa colaboración de Viratec.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.