ENCONTRO NETWORKING EMPRESAS DE INSERCION “OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO NA ECONOMÍA SOCIAL”

Out 10, 2023 | Cursos, Novas

AEIGA a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade:

ENCONTRO NETWORKING EMPRESAS DE INSERCION

“OPORTUNIDES DE FINANCIAMENTO NA ECONOMÍA SOCIAL”

  • 19 DE OUTUBRO DE 2023
  • Formato telemático – Plataforma TEAMS
  • 10:00 A 12:00

Persoas destinatarias: 

  • Entidades da Economía Social, principalmente Empresas de Inserción.
  • Representantes de institucións financeiras (Fiare Banca Ética, Triodos
  • bank, Coop 57,….)
  • Entidades promotoras de Empresas de Inserción e persoal técnico

 Obxectivos: Dar a coñecer as diferentes opcións de financiamento dispoñibles, conectar e facilitar o establecemento de relacións comerciais entre as entidades asistentes, así coma analizar intercambios de experiencias en materia de financiamento e finanzas éticas.

 Actividade:  Este encontro busca ser xerador de oportunidades comerciais máis aló do financiamento directo, mediante posibles colaboracións e asociacións estratéxicas.  Participarán do encontro representantes de COOP57, FIARE BANCA ÉTICA e TRIODOS BANK para poñer seus servizos e coñecer de primeira man as necesidades das entidades asistentes.

Inscricións: Gratuíta

– Previa inscrición no formulario por correo electrónico aeigagalicia@aeiga.org

Máis información  www.aeiga.org 881 957452 – 698 120 455

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo  e Economía Social.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.